20 de mar. de 2015

FAMILIA DE NOELIA

Ola familias, o pasado xoves a clase tivo a visita da familia de Noelia. María, Pablo e Noelia continuando co traballo iniciado por Ánxeles, deleitaron á clase cunha fermosa poesía do "Abezoo" en linguaxe de signos (La Granja de los sonidos) . Fixeron unha representación de varios animais nun teatro de sombras para que os nenos e nenas xogaran a adiviñalos. Tamén ensinaron as iniciais dos nomes dos compañeiros en linguaxe de Signos, e agasallaron aos nenos e nenas cunha tarxeta co abcedario en L.S. para practicar nas casas. Moitas gracias Familia!! Laura

Ningún comentario:

Publicar un comentario