15 de mar. de 2014

POR FIN RESCATAMOS Á DAMA DO CASTELO!

O venres 14 de marzo foi un día moi especial para os nosos cativos e cativas de 4 e 5 anos. O luns pasado recibíamos un pergamino do Bufón Real no que nos anunciaba que o castelo estaba no Monte Viso e nos enviaba unha imaxe do castelo de Soutomaior que todos recoñecimos ao instante. Estabamos ilusionadísimos coa misión que se nos encomendara e fixemos un plan: decidimos disfrazarnos de bruxas e bruxos para facernos pasar por aprendices de bruxos e facernos amigos e amigas da bruxa Patuja. Tamén fixemos unha tarta á que lle botamos veneno e a tapamos con moitas cousas que lle gustan a bruxa (serpes, arañas, lagartos, patas de ratón...) tiña una pinta deliciosa e estabamos seguros de que a Bruxa Patuja caería na nosa trampa. E así foi, cando chegamos ao castelo de Soutomaior, a bruxa Patuja nos esperaba con ledicia, probou a nosa tarta e o veneno foi letal, porque a bruxa caíu desmaiada ao instante!!!! E conseguimos arrebatarlle a chave da mazmorra O cabaleiro que presenciou todo dende o balcón do castelo, baixou a recibirnos e nos levou a torre onde estaba encerrada a Dama. Estabamos moi ledos ao ver a Dama e ao Cabaleiro por fin xuntos e por poder acadar con éxito a nosa misión; xa que só os nenos e nenas valientes de 4 e 5 anos poden crer en misión imposibles coma esta. Moitas grazas a todos aqueles que fixeron desta misión, un momento máxico que quedará grabado nas nosas memorias para sempre

Ningún comentario:

Publicar un comentario