16 de nov. de 2012

Obradoiro de Froitos do Outono

Canto aprendemos hoxe!!! Os nosos pequenos xa son uns expertos en froitos do outono!!! Hoxe comemos, ulimos, tocamos e xogamos cos froitos do outono. Aprendemos como se chaman, onde nacen, como son as árbores nas que crecen, a que saben. Caquis, granadas, figos, uvas, mazás, avelás, noces, plátanos,... agora só tendes que introducirllos nas súas dietas. Moitísimas grazas as mamás de Laura, Antía e Naia, ao papá de Mateo e ao avó de Alexandre!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario