PARABÉNS NOELIA!! XA TES A CAROLINA PARA COMPARTIR OS TEUS MARABILLOSOS XOGOS XUNTAS. Laura
28 de abr. de 2015
25 de abr. de 2015
YAEL PROTAGONISTA DA SEMANA.
Esta semana tivemos a visita da familia de Yael que nos ensinou como teñen que desplazarse as persoas con movilidade reducida, pola nosa cidade. Os trasnos quedaron abraiados con esta moto adaptada. Moitas gracias por compartir esta experiencia coa clase.Laura
23 DE ABRIL. DIA DO LIBRO
O día do libro tivemos a visita de Emma, a mamá de Inés que contou o conto de Nadarín para todos os nenos e nenas de infantil. Moitísimas gracias Emma por colaborar este día tan especial co cole.Laura
HORA DE LER. PAPÁ DE NOELIA
Fai uns días, no hora de ler tivemos a visita de Pablo o papá de Noelia que contou a historia de Fariñeiro, o burro larpeiro. Os nenos e nenas de tres anos disfrutaron moito coas ilustracións xigantes do conto. Moitas gracias por vir.
Laura
Pablo - Kizoa Movie Maker
Pablo - Kizoa Movie Maker
EIDAN
Por fin coñecimos a Eidan!! Moitas gracias por visitarnos. Que feliz estaba Ibai!!
Laura
LUKEN PROTAGONISTA
A familia de Luken visitou a clase dos trasnos fai uns días. Trouxeron un gran teatro para contarnos o conto da eiruga larpeira. Os nenos e nenas de 3 anos disfrutaron moitísimo da actuación os artístas.Moitas gracias. Laura
22 de abr. de 2015
21 de abr. de 2015
TRAXE DE TRASNO PARA FESTIVAL DE LETRAS GALEGAS
Ola familias, aquí tedes o modelo para facer o traxe de trasno. Tamén fixemos as pulseras que complementan o traxe. Todo o material que precisades para facelo enviareino esta semana ás casas. Ademáis do traxe e as pulseras tedes que facer o sombreiro que está explicado na publicación anterior do blogue. Se alguén ten algunha dúbida que fale conmigo. -laura

Laura.
SOBREIRO DE TRASNO.
É O SOMBREIRO QUE TEN A NENA QUE ESTÁ DETRÁS NA FOTO.(QUE É AMARELO E VERDE)
Ola, para as familias que xa tedes feito o traxe de trasno, aquí tedes un modelo de sombreiro para facer en casas e que participen os nenos e nenas de 3 anos. Para que todos sexan similares (ainda que cada familia pode facerlle unha decoración especial) podedes facer o sombreiro con cartolina de cor verde e a cinta de cor marrón. E as orellas de trasno da cor que aparece na imaxe. Poñédelle unha goma para que se suxete mellor nas súas cabeciñas.Laura
19 de abr. de 2015
ACTIVIDADES DA SEMANA
Éstas son as actividades que fixemos nestes últimos días. Esta semana levaron para casa un conto da biblioteca do cole. Animo ás familias a coller contos da biblioteca cos nenos e nenas polas tarde.
Laura
SARA PROTAGONISTA
Fai uns días tivemos a visita da mamá de Sara Ruano. Fixo un traballo moi, moi elaborado e gracias a ela e ao tío Chito puidemos comprobar as diferencias que hai nas mans dos animais que coñecemos.
Moitísimas gracias por vir á clase de 3 anos, e ensinarnos tantas cousas.
LAura
12 de abr. de 2015
WE LIKE ENGLISH
Ola familias, aquí tedes as actividades que fan os nenos e nenas de 3 anos coa teacher Mónica. Laura
11 de abr. de 2015
ACTIVIDADES DA SEMANA
A partir desta semana teremos na clase unhas eirugas pequerrechas pero moi, moi larpeiras. Que se quedarán con nos ata que se convirtan en fermosas volvoretas.Coa chegada da primavera sucédense as aportacións dos nenos e nenas á clase dos trasnos. Moitas gracias a todos!!
Lémbrovos que o vindeiro martes imos facer unha pequena actividade na que plantaremos unha árbore no patio do colexio, para que os nenos e nenas de 3 anos, teñan contacto coa natureza do seu entorno. Trátase dun simple acto ao que as familias están convidadas.
Lémbrovos que o vindeiro martes imos facer unha pequena actividade na que plantaremos unha árbore no patio do colexio, para que os nenos e nenas de 3 anos, teñan contacto coa natureza do seu entorno. Trátase dun simple acto ao que as familias están convidadas.
2 de abr. de 2015
VIDEOS DE ENTROIDO
Ola familias, gracias a familia de Izan podemos lembrar o día do entroido. Aquí tedes os vídeos que me facilitaron. Moitas gracias Puri! Laura
1 de abr. de 2015
IZAN PROTAGONISTA
O pasado xoves tivemos a visita da familia de Izan. Puri e Fernando convertiron a nosa clase nun gran laboratorio con 25 científicos e científicas, que puideron colaborar nun experimento de densidades que nos dixou a todos abraiados. Un dos experimentos máis lucido da semana dos experimentos do cole. Moitísimas gracias pola vosa colaboración.
Laura
DIPLOMAS FAMILIAS
O venres recibimos a visitas das familias dos protagonistas da clase nas últimas semanas.Laura
ACTIVIDADES DE MARZO
Estas son as actividades que fixemos nos derradeiros días de MArzo. Laura
Ola familias, a pasada semana tiven os mellores agasallos de benvida ao cole por parte de Inés e Izan que souberon emocionarme dunha forma moi, moi especial...
O recibimento por parte de todos foi estupendo. Moitísimas gracias.
Laura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)